lunes, 9 de noviembre de 2015

O entroido:

O Entroido é por definición a festa máis subversiva do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles se inverten e un pode rir de todo.
O Entroido galego (tamén chamado Antroido o Introido, entre outras denominacións), é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon e outros estean en proceso de recuperación. 
Non hai que esquecer que Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o carnaval a pesar da prohibición.
Hoxe a importancia do Entroido é tal que oito carnavais galegos exhiben con orgullo a cualificación oficial de "Festa de Interese Turístico". E máis de 175 municipios de Galicia declararon festivo o Luns ou Martes de Entroido ou o Mércores de Cinza. Unha celebración por todo o alto á que calquera se pode unir. 
Iso si, convén ir disfrazado... do que sexa! Aquí o que se valora é o espírito participativo e as ganas de se divertir. Sen disfrace un corre o risco de sufrir uns lategazos; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que invitar a una rolda de vinos. É a lei. 
Hai tamén outra lei que se cumpre estritamente: a dos banquetes gastronómicos. Porque en Galicia o Entroido acompáñase sempre dunha boa mesa. Unha cociña de gorentosos pratos, perfecta para reparar forzas, que ten como protagonista o porco e de acompañantes as patacas, os grelos e os garavanzos. De sobremesa, filloasorellasbica; e de remate, un bolicor café. O mellor do mundo.
Resultado de imagen de entroido en galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario