miércoles, 25 de noviembre de 2015

 OS MEUS AVÓS:

A gran riqueza dos nosos pobos, que nunca soubemos valorar debidamente, é a riqueza cultural.
 Se conseguiramos facer un sitio para contar todas as historias que nos han contado os nosos antepasados, e que eles escoitaron contar os seus, habríamos contribuido enormemente a que os nosos pobos sexan mellor coñecidos, e que se entenda mellor a nosa historia e o noso lugar no tempo e na proyeccion hacia o futuro.

nunha ocasion eu e os meus irmans pedimoslle ao meu avó que nos contara unha historia de medo e isto foi o que nos contou:

-Isto ocorreu vai moitos anos cando ainda non había electricidade nas casas, no pobo de valdoviño que era onde vivian, a xente alumeabase polas noites con lamparas de aceite. Foi un domingo de inverno, un vecino de pobo fora a facer unha visita a un amigo de lonxe.
Pasou o dia co amigo e ao caer o sol acenderon a chimenea e comenzaron a charlar. Estiveron falando de moitas cousas pero derrepende deulles por contar historias de medo, cousas extrañas que lles aconteceran ou que oiran.
O amigo do meu avó a pesar de ser un home que vivía solo comenzou a ter medo, fixose tarde e finalmente marcharon os amigos, foi para o pobo e ao chegar a sua casa seguia tendo medo pero meteuse na cama pensando; mañá será outro dia.
Pero non lograba conciliar o sono, escoitaba os ruidos da noite e poñiase nerveuso pensando que poderian ser outras cosas, cando empezou a escoitar un ruido seguido: pom, pom, pom...
Escoitaba os pasos de alguén que se acercaba a el baizando a escaleras moi deprisa pam, pam, pam...
Polas escaleiras baixou rodando ata os seus pes unha circular que tiña colgada na pared de arriba, todo foron imaxinaciones pero o susto non olvidou na vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario