jueves, 25 de febrero de 2016

Miña avoa

´Vivimos ben" esa e unha frase que adoita dicir a miña avoa non poucas veces, e que é verdade, sabiduría popular. A miña avoa por parte nai, Bernardina Freijomil Varela, naceu en Queixeiro no ano 1933, sendo filla de Felicidad e José María aos cales lles dediquei unha maravillosa entrada anteriormente, foi a maior de 3 irmáns, e tivo a sorte de ir á escola.
Resultado de imagen de fotos antiguas
Segundo o que me dixo sobre a vida cotiá, neses primeiros anos da ditadura de Franco, "no que colle, nos criamos ben", e a pesar de que o Sindicato lles quitaba case a metade da colleita cada mes, nunca chegaron a pasar fame en casa, xa que todos traballaban, e traballaban moito, tiñan unha situación acomodada e mesmo algúns veciños traballaban na súa casa, veciños que non tiñan tanta sorte.

O día do seu 21 cumpleanos, casou, os primeiros dous anos de casada seguiu na casa dos pais, os dous seguintes mudaron a unha casa na Ponte da Pedra onde naceron os primeiros dous fillos, e outros dous ano despois mudaron de novo esta vez para Neda, onde nacerían outros dous fillos, e onde Rogelio puxo un taller de carpintería que lles permitiu vivir confortablemente.

Meu Bisavó

Naceu arredor de 1920 en Vilalba e morreu en 1996 en San Miguel de Reinante de silicose producto do traballo na mina. De neno adicabase a ir coas cuadrillas para ir a segar a Castela, á Terra de Campos. Debido ó vivido no seu traballo, as súas ideas eran loitar por unha España libre do caciquismo e ditaduras (a de Primo de Rivera que viviu ata os 11 anos).
Co estalido da Guerra Civil Española decide alistarse as filas do bando republicano no ano 1936. Despois de moitos enfrontamentos como contáballe ó meu pai que mataba a moitos moros que Franco enganábaos dicíndolles que se morrían irían ó reino de Alá. que pasaban moita fame tanta que "non se vían gatos porque coméramolos todos e tiñamos que comer ata ratas". Combateu na gran Batalla do Ebro na que tivo que acabar cruzando o río a nado para que non o colleran. Pero acabaron facéndolo prisioneiro na cárcere de León onde foi condenado a pena de morte, é dicir, ó paredón. Sen embargo, un clero que polo que contaba meu bisavaó era un gran home, salvouno de ser fusilado e cumpliu condena facendo traballos coma un escravo.
Resultado de imagen de fotos antiguas
Tras a guerra, foise a vivir a San Miguel de Reinante (Lugo) onde casou e tivo seis fillos. Como a vida ía moi mal xa que non tiñan alimento que levarse a boca, intentaban gañarse a vida subindo ós piñeiros para coller piñas que logo levaban ós máis adiñeirados e intercambiaban por algo de comer. Pero aínda así era insuficiente e tiña que andar polas casas recollendo as sobras da comida para lograr alimentarse medianamente ben. Esta situación chega un momento na que xa non pode máis e xunto cos seus dous fillos maiores, que tiñan 13 e 14 anos, decide ir a buscar traballo a Asturias. Encóntrano na minaría na pequena localidade de Cangas del Narcea onde se instalan e meses despois trasládase o resto da familia. Con el puxo a traballar ós catro varóns.

miércoles, 24 de febrero de 2016

O Marqués de Sargadelos

 Foi un noble e industrial Galego especialmente coñecido por crear a fábrica de cerámica de Sargadelos, modelo do primeiro capitalismo industrial en España respecto ao control da producción e do persoal.

Resultado de imagen de o marques de sargadelos
Naceu nunha familia hidalga de escasos recursos, dende xove se dedicou ao comercio, realizando importantes negocios de importación e exportación coas Indias que lle reportaron numerosos beneficios.


Con base en Ribadeo, onde chegou en 1768, impulsou a industrialización da zoa, creando primeiro unha fábrica de ferro e despois unha de cerámica en Sargadelos, onde tamén se fabricaron armas. Impulsou tamén o comercio, base da sua fortuna persoal, tanto por mar como no interior da península Ibérica, de lino e alcohol, ao mesmo tempo que gestionaba varias minas. Impulsou o enciclopedismo e introdujo dende Europa varias innovacions tecnolóxicas importantes para as suas fábricas.
Pazo do marqués de Sargadelos.

Durante a Guerra de Independencia Española, os numerosos enemigos políticos e económicos de Ibáñez conseguiron su linchamiento en Dompiñor, baixo a acusación de «afrancesado», o 2 de febreiro de 1809, animando á turba a asaltar e saquear a sua casa.


As suas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo subastadas en 1878. O título nobiliario de marqués lle foi outorgado trala sua morte, pois non pudo ser tramitado antes e se conserva na actualidade entre os seus descendentes.


viernes, 19 de febrero de 2016

Concepción Arenal

Concepción Arenal naceu en Ferrol o 31 de Enero de 1820. Era filla dun militar liberal orixinario de La Montaña cántabra, Ángel del Arenal, e de Concepción Ponte Tenreiro, de ascendencia aristocrática galega. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais.
 Concepción Arenal
 É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España.

 Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía ao parladoiro que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das "Magdalenas". Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres.

A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes

Salvo pequenos períodos e por motivos de empeoramento da súa saúde, Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina".








Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.

jueves, 18 de febrero de 2016

A Emigración en Galicia

Son moitos os galegos que han emigrado a América e dende aqueles primeiros emigrantes que o fixeron explorando e buscando unha vida mellor, hata a actualidade son moitos os fillos, netos, biznetos e....hata a xeración actual que han loitado e mostrado o camiño a outros familiares e amigos que han decidido seguir a tradición de emigrar algunhas veces en plan aventureiro, pero a gran mayoria en busca dunha vida mellor.

De todas as emigracions dos galegos a todo o mundo,é sen lugar a dudas a "Emigracion a América" a máis importante, non só pola cantidade, senon polas consecuencias do sue arraigo e as raices que han chegado a echar multitud de familias que unha vez aposentados no seu destino han dado paso ás xeracions seguintes sen haber perdido as suas raices orixinais e a mostra mais evidente é o haber sabido manter os lazos culturais de todo tipo a través do tiempo e sobre todo os relacionados coa música (sobre todo a gaita) e o baile galegos (sobre todo a "muiñeira"), ademáis doutros signos gastronomicos, artesanos e de ascendencia e tradición galega.

Resultado de imagen de emigracion

E de destacar, dentro da emigracion galega a América, en especial a "Emigración a la Republica Argentina", en donde o número de galegos ha chegado a ser moi significativo e dentro dela, Bós Aires que foi considerada dende vai moito tempo como a "Quinta provincia", incluso hai uns 50 anos foi considerada a mayor cidade de Galicia, cando por aquel entonces a mayor cidade de Galicia que era Vigo apenas tiña 140.000 habitantes.

Resultado de imagen de emigracion

martes, 16 de febrero de 2016

O Prestige

O Prestige foi un buque monocasco liberiano, operado baixo a bandeira das Bahamas, que o 19 de novembro de 2002 afundiuse frente ás costas españolas de Galicia, ocasionando un vertido de crudo que provocou un dos mayores desastres ecolóxicos da historia do país europeo.

13 de novembro de 2002 o barco se encontraba transitando, con 77 000 t de crudo a 28 millas (52 km) de Finisterre, cando se viu inmerso nun temporal e sufriu unha vía de agua. O 19 de novembro, tras intentar alejarlo da costa, se partiu en dous ás 8 da maña, hundindose a unha profundidade de 3850 m. O petroleiro, que estaba nese momento a uns 250 km da costa española, provocou as primeras manchas negras na costa.

A parte afectada da costa non só tiña gran importancia ecolóxica (como é o caso das Rías Baixas), senón tamén unha notable industria pesqueira. O 2 de Xaneiro de 2003, as manchas de combustible estaban a 50 km da costa. Posteriormente, alcanzaron as costas gallegas, orixinando un desastre ecolóxico de grandes proporcions.


Se especuló coa posibilidade, nunca demostrada, de que a grieta no casco do Prestige fose provocada polo choque cun contenedor ou tronco á deriva. Se sabe que horas antes tres barcos que navegaban pola mesma zoa transportando contenedores, troncos de madeira e tubos de 1 metro de diámetro, perdieron parte das suas cargas.
Eu era pequena cando todo isto sucedeu polo que non o lembro moi ben, pero recordo que cando iba á praia , habia chapapote pola orilla e moitas veces se me pegaba nós pés.
Todo isto foi un grave desastre para galicia que esperemos non se volva a repetir

A Gran Guerra Irmandiña

A Gran Guerra Irmandiña foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469, e foi posiblemente a maior revolta europea de todo o século XV.

A Gran guerra irmandiña estivo precedida de múltiples revoltas en certas zonas e localidades. Segundo algúns historiadores, como Carlos Barros Guimeráns, a primeira revolta organizada como Irmandade na Baixa Idade Media galega é a de 1418-1422 en Santiago de Compostela.

 A nobreza galega vivía un século XV de conflitos e confrontación internas. Á intranquilidade xerada por tal serie de conflitos sumábanse os efectos negativos da epidemia de 1466, así como anteriormente a peste e as malas colleitas, que provocaron ademais unha caída de rendas da nobreza, o que derivou nunha actitude recadadora agresiva para contrarrestar esta diminución.

 Existía, por tanto, un sentimento acumulado de agravio, polos males e danos que as vilas e a xente recibían das fortalezas (percibidas como refuxios de malfeitores), tanto de señores e cabaleiros como de prelados.

 Outro agravante era a debilidade do Estado medieval que tiña lugar en toda Europa, o que con frecuencia levaba a que o rei se apoiase nas cidades e vilas para frear a nobreza feudal.

























Esta aguda crise social e política favoreceu o desenvolvemento das Hermandades. Así, xa entre 1456 e 1460 varias vilas de Guipúscoa utilizaron a irmandade contra a nobreza local, arrasando un gran número das súas casas fortes "porque façian e consentían muchos robos e malificios en la tierra e en los caminos e en todos los logares". En 1464 unha nova Hermandad General castelá celebrou a súa primeira xunta en Segovia. Esta irmandade permaneceu inicialmente baixo control de Henrique IV, que a utilizou contra os partidarios do seu irmán Afonso.


Nos principios da primavera chegou a revolta xeral, cando as Xuntas das Irmandades, organizadas en tódalas comarcas galegas, lanzaron a consigna contra as fortalezas, símbolo do acoso señorial.
As columnas irmandiñas, que unha testemuña do preito Tabera - Fonseca cifra en oitenta mil omes, comezaron a percorrer as comarcas, e coa forza do seu número e o auxilio de trabucos, bombardas e outras armas, acabaron rendendo a gran maioría dos castelos e fortificacións galegas­.





Torre de San Sadurniño, destruida durante as revoltas.


  
 Restos do Castelo de San Xurxo

A vitoria irmandiña foi rápida e completa. Os autores máis próximos a estes acontecementos relatan a lista de castelos, fortificacións, simples torres ou casas fortes que foron total ou parcialmente derrubadas. O seu número, segundo calcula Lojo Piñeiro, pode chegar a 169. Descoñécense cantas fortificacións foron entregadas pacificamente á Irmandade e cantas deberon ser tomadas pola forza. Nas declaracións do preito Tabera - Fonseca indícase que os irmandiños arrasaron mesmo fortificacións de cabaleiros participantes ou simpatizantes da Irmandade, e non só fortificacións dos señores, senón tamén casas-fortes de fidalgos.