Segundo o que me dixo sobre a vida cotiá, neses primeiros anos da ditadura de Franco, "no que colle, nos criamos ben", e a pesar de que o Sindicato lles quitaba case a metade da colleita cada mes, nunca chegaron a pasar fame en casa, xa que todos traballaban, e traballaban moito, tiñan unha situación acomodada e mesmo algúns veciños traballaban na súa casa, veciños que non tiñan tanta sorte.
O día do seu 21 cumpleanos, casou, os primeiros dous anos de casada seguiu na casa dos pais, os dous seguintes mudaron a unha casa na Ponte da Pedra onde naceron os primeiros dous fillos, e outros dous ano despois mudaron de novo esta vez para Neda, onde nacerían outros dous fillos, e onde Rogelio puxo un taller de carpintería que lles permitiu vivir confortablemente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario