jueves, 25 de febrero de 2016

Meu Bisavó

Naceu arredor de 1920 en Vilalba e morreu en 1996 en San Miguel de Reinante de silicose producto do traballo na mina. De neno adicabase a ir coas cuadrillas para ir a segar a Castela, á Terra de Campos. Debido ó vivido no seu traballo, as súas ideas eran loitar por unha España libre do caciquismo e ditaduras (a de Primo de Rivera que viviu ata os 11 anos).
Co estalido da Guerra Civil Española decide alistarse as filas do bando republicano no ano 1936. Despois de moitos enfrontamentos como contáballe ó meu pai que mataba a moitos moros que Franco enganábaos dicíndolles que se morrían irían ó reino de Alá. que pasaban moita fame tanta que "non se vían gatos porque coméramolos todos e tiñamos que comer ata ratas". Combateu na gran Batalla do Ebro na que tivo que acabar cruzando o río a nado para que non o colleran. Pero acabaron facéndolo prisioneiro na cárcere de León onde foi condenado a pena de morte, é dicir, ó paredón. Sen embargo, un clero que polo que contaba meu bisavaó era un gran home, salvouno de ser fusilado e cumpliu condena facendo traballos coma un escravo.
Resultado de imagen de fotos antiguas
Tras a guerra, foise a vivir a San Miguel de Reinante (Lugo) onde casou e tivo seis fillos. Como a vida ía moi mal xa que non tiñan alimento que levarse a boca, intentaban gañarse a vida subindo ós piñeiros para coller piñas que logo levaban ós máis adiñeirados e intercambiaban por algo de comer. Pero aínda así era insuficiente e tiña que andar polas casas recollendo as sobras da comida para lograr alimentarse medianamente ben. Esta situación chega un momento na que xa non pode máis e xunto cos seus dous fillos maiores, que tiñan 13 e 14 anos, decide ir a buscar traballo a Asturias. Encóntrano na minaría na pequena localidade de Cangas del Narcea onde se instalan e meses despois trasládase o resto da familia. Con el puxo a traballar ós catro varóns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario