Vouvos a contar unha historia que a miña tia me contou do meu avo paterno, na cal contabame que o meu avo traballaba en bazan e diciame que naquela época no ano 1972 as cousas en Ferrol non estaban moi ben
.
A miña tia diciame que un dia meu avo se levantou como un dia normal para ir a traballar a Bazan como calquer traballador pero que ao chegar ali todos os traballadores encontraronse con as portas cerradas polo que o meu avo e mais os seus compañeiros decidiron ir ao centro de Ferrol e montar unha folga, xa que o meu avo e os traballadores levaban xa meses sen unha mellora salarial, polo que o meu necesitaba canto antes esa mellora salarial xa que tiña cinco fillos e tiña que darlles de comer xa que a miña avoa non tiña traballo se ocupaba dos fillos, da casa e de o seu marido, o meu avo.
Cando os traballadores e o meu avo se puxeron en folga chegaron ao ponte das pias onde ali os esperaba a policía, naquela época contame miña tia que o meu avo tivo que esconderse xa que a policía os esteba levando presos e o meu avo non podía irse preso debido a que deixaria a miña avoa sola, ademais estaban coas pistolas e contalle meu avo a miña tia que os seus compañeiros estaban todos feridos polos disparos da policía.
Pero tampouco non podo negar a angustia que debería sufrir a miña avoa ao enterarse da folga, do que a policía fixo e sobre os mortos e feridos, xa que era unha ama de casa que so se dedicaba ao coidados dos fillos e poder perder ao seu marido non seria o mellor para a familia nin para ela que o quería moito.